Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Bloque aposta polo comercio local e galego para animar as compras de Nadal

Santiago. O BNG iniciou o reparto de folletos e autocolantes da campaña Mellor local, mellor galego para impulsar as compras no comercio de proximidade. Ademais, durante o percorrido realizado polos numerosos establecementos, a portavoz municipal Goretti Sanmartín ofreceu información sobre a manifestación do vindeiro 18 de decembro que sae ás 12:00 da Alameda contra a crise da alza de prezos. “Desde o BNG facemos un chamamento á poboación de Santiago e da comarca para que vaia ao comercio local para a compra de agasallos nestas datas que se aproximan”, afirmou. En concreto, en Santiago o comercio é un elemento central na economía local e un sector chave para soster a función residencial e o benestar. “No BNG apostamos por ese comercio de proximidade ao que se pode ir sen necesidade de coller o coche, que fomenta espazos de socialización, que deixa o diñeiro na propia comunidade”, explicou. Ante o problema de substituír “estabelecementos tradicionais que proporcionan bens e servizos á poboación local polas tendas de souvenirs”, propón unha normativa municipal sobre o comercio de souvenirs e adoptar medidas de apoio a aqueles establecementos tradicionais. s.g.

02 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito