Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O BNG pide medidas para evitar os asolagamentos na zona de Suarribas

CONXO O BNG trasladará ao pleno unha iniciativa para que o Goberno local adopte as medidas que eviten os asolagamentos en Suarribas, na parroquia de Conxo.

Na zona da Ponte de Suarribas son frecuentes os asolagamentos cando chove con intensidade, o que provoca que a auga inunde as vivendas próximas. O último destes episodios foi o 20 de decembro de 2022, en que solicitaron a intervención de Viaqua para retirar polas de árbores que obstaculizaban o tránsito fluído da escorrentía, posto que os efectivos municipais estaban traballando noutras actuacións de urxencia derivadas do temporal deses días.

Un dos veciños afectados trasladou entón a Viaqua a proposta de instalar un sistema tipo reixa na Ponte Pereda coa intención de que os arrastres de polas e troncos non cheguen a Suarribas. Ao tratarse dunha zona de afección de Augas de Galicia, dependente do Goberno autonómico, debe ser unha intervención que siga as instrucións marcadas polo organismo de cunca.

Desta maneira, o BNG trasladará ao pleno que o Goberno local proceda a adoptar as medidas oportunas, en colaboración cos organismos correspondentes, para evitar os asolagamentos en Suarribas. ecg

11 feb 2023 / 06:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito