Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O BNG propón habilitar aseos no perímetro do estadio Vero Boquete

Sinalan que pola zona pasan moitas persoas maiores, que saerían moi beneficiadas

Santiago. O BNG presenta un rogo para habilitar aseos públicos coa correspondente limpeza e mantemento no perímetro exterior do estadio multiusos Verónica Boquete, en San Lázaro. Cada vez máis grupos de persoas utilizan o exterior do estadio Verónica Boquete, en San Lázaro, para pasear ou facer deporte especialmente cando chove, pois “Santiago de Compostela carece de suficientes espazos adecuados para estas funcións”.

Trátase dun lugar moi frecuentado pola posibilidade de aparcar e pola facilidade do percorrido, especialmente para persoas con maiores ou con doenzas ás que lles recomendan camiñar a diario. Así, o BNG considera que “ante esta afluencia de persoas neste espazo público faise necesario habilitar, cando menos, aseos portátiles no exterior para que poidan utilizalos cando o precisaren e manter en bo estado de limpeza esta zona e a vexetación dos arredores. Ademais, cómpre adaptar os aseos interiores do estadio ás normas de accesibilidade”. redacción

28 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito