Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Café Casino reparte as bolsas promocionais da mostra de Ramón Conde

Xacobeo. O Casino de Santiago iniciou onte o reparto das bolsas que publicitan as exposicións de Ramón Conde e que levan por título A forza das Emocións. Todas as pezas do autor estarán no local ao longo de todo o ano Xacobeo, albergando tamén as bolsas que reproducen o debuxo que Conde fixo especialme para esta exposición.

A iniciativa busca difundir a obra do artista e sensibilizar a importancia da escultura no panorama galego. Ademais, está enmarcada dentro dun proxecto cultural que xorde da colaboración da Xunta de Galicia co Casino, o Goberno municipal, a Asociación Comercio Punto Compostela, o instituto IES de Sar e o propio artista. O Casino repartirá mil bolsas entre os comerciantes e os libreiros co obxetivo de colaborar na dinamización do comercio de proximidade, aspecto fundamental na dinámica e na vida da cidade. ECG

25 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.