Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 28 noviembre 2022
02:51
h

O Casino de Santiago fará entrega do Premio Novela Europea o próximo martes

Santiago. Durante a mañá da xornada de onte, o Casino de Santiago presentou os actos da Entrega do XV Premio Novela Europea Casino de Santiago. Os escritores galardoados nesta ocasión foron: Luis Landero e Tatiana Tibuleac, por cadansúas novelas Lluvia fina e El verano que mi madre tuvo los ojos verdes.

O Presidente do Casino, Ubaldo Rueda, explicou no acto a dimensión e importancia deste premio, que será entregado aos escritores galardoados o día próximo martes 20 de setembro, ás 20.00 horas tamén no Casino de Santiago, nun acto que contará coa asistencia de diversas autoridades, tanto do Concello de Santiago, como da Xunta de Galicia ou mesmo do Rectorado da Universidade de Santiago de Compostela. D.Seijas

13 sep 2022 / 20:27
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito