Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O cineasta Alberte Pagán ofrece este domingo unha clase maxistral no marco de Cineuropa

Santiago. A homenaxe ao cineasta galego Alberte Pagán, que recibe nesta 35ª edición do festival un dos Premios Cineuropa, será unha das actividades de hoxe, cunha sesión ás 17.30 h., no Museo das Peregrinacións, na que poderemos coñecer máis en profundidade o seu xeito de entender o cinema, grazas tamén a unha mostra retrospectiva con algúns dos seus títulos máis significativos e unha clase maxistral que afondará na súa forma de vivir esta arte.

Ademáis, os cinéfilos poderán conversar por última vez nesta edición co cineasta Javier Marco sobre a súa ópera prima, Josefina, filme sobre soidades encontradas que protagonizan Emma Suárez e Roberto Álamo, e que se poderá ver no Teatro Principal ás 17 h, e a última proxección de El nadador, de Gabriela Guillermo, a mesma hora na Numax.

Ademáis, hoxe tamén se proxectarán Moneyboys, ópera prima de C.B. Yi; Benediction, de Terence Davies; Mi iubita, mon amour, de la actriz francesa Noémie Merlant; Libertad, de Clara Roquet, e un filme de animación que fará as delicias do público máis miúdo, Belle, de Mamoru Hosoda, que inaugura Cineuropa Miúda no Salón Teatro. a.i.s.

14 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito