Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O Cineclube de Compostela arranca 2023 coa obra ‘Petra Costa Elena’

O filme brasileiro abrirá esta tempada no CS O Pichel // O mércores 18 haberá sesión dobre

Santiago. O Cineclube de Compostela enceta a programación do 2023 esta noite, coa proxección do documental de Petra Costa Elena (Elena, Brasil, 2012), no que a directora brasileira retrata a vida da súa irmá máis vella. Con este filme iniciase un ciclo sobre o material de arquivo que se desenvolvera ao longo de todo o mes. A proxección terá lugar, como é habitual, ás 21.30 horas no CS O Pichel (Santa Clara, nº21).

Elena trasládase a Nova York co mesmo soño que tiña a súa nai: se converter nunha actriz de cinema. Deixa atrás unha infancia de clandestinidade durante a ditadura militar de Brasil e unha adolescencia pasada entre obras de teatro e vídeos caseiros. Tamén deixa atrás a Petra, a súa irmá de 7 anos. Logo de non conseguir éxito, regresa ao Brasil, pero daquela é aceptada na universidade de Nova York. Nesta ocasión, a nai e Petra van vivir con ela a Nova York.

Con 17 anos, Petra Costa atopa un diario da súa irmá Elena, escrito cando ela tiña a mesma idade. “Tiven a estraña sensación de estar lendo palabras miñas, como se aquel diario fose meu”. Mentres se estreaba na dirección con outros proxectos, na súa cabeza, mantívose durante dez anos a idea de facer un filme sobre ela. Mais é cando encontra cerca de 50 horas de filmes caseiros feitos por Elena cando Petra Costa se decida finalmente a afrontar o proxecto. Ao longo de tres anos, a directora brasileira construirá esta obra persoal e valente, chea de lirismo. Un filme sobre a perda, a dor e a memoria.

Nada en Belo Horizonte en 1983, Petra Costa comezou a estudar teatro aos 14 anos e con 17, ingresou no curso de Artes Escénicas da Universidade de São Paulo. Graduouse en Antropoloxía no Barnard College e fixo o mestrado de Comunidade e Desenvolvimento na London School of Economics. De volta ao Brasil, aos 24 anos, pasou a dedicarse ao cinema, primeiro como asistente de montaxe e dirección e logo como directora.

O vindeiro mércores, 18 de xaneiro, o ciclo Ben de arquivo continúa no Cineclube cun programa duplo no que se poderá ver Restos humanos (EUA-Dinamarca, 1998) e Kuxa Kanema: O nacemento do cinema (Mozambique-Portugal, 2003). V.Álvarez

11 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito