Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O Clínico albergará un centro de protonterapia

Santiago. A Área Sanitaria de Santiago e Barbanza albergará un Centro de Protonterapia que administrará a innovadora terapia de protóns para toda Galicia e será un dos primeiros na sanidade pública nacional. Trátase dunha nova forma de administrar radioterapia coa peculiaridade de que se basea nunha partícula- o protón-, distinta á que se usa na radioterapia convencional, que é principalmente o fotón. A diferencia radica en que os protóns irradian máis selectivamente

a zona, preservando todos os tecidos sans, pois deposita a enerxía unicamente no tumor. Supón un enorme impulso asistencial que abre novas oportunidades de tratamento a doentes con tumores “difíciles ou singulares” como os que se presentan na poboación pediátrica.

Ademáis do importante avance asistencial trátase dunha extraordinaria plataforma para a investigación en física e bioloxía da radiación.

Co financiamento da Fundación Amancio Ortega vanse adquirir dez equipos de protonterapia en España e un deles é o que se va instalar no CHUS, no entorno do Clínico.

Estímase que as obras comecen a mediados do 2022 e que, de ser así, os pacientes poidan tratarse no 2024. Pola súa banda, do custe do edificio, do persoal e do mantemento encargarase a Xunta de Galicia. Serán uns 20 profesionais que formarán o cadro de persoal do centro onde traballarán oncólogos radioterapeúticos , radiofísicos, enxeñeiros, persoal de enfermería e técnicos de radioterapia. Con respecto ás especialidades implicadas nas indicacións son oncoloxía médica, cirurxía, traumatoloxía, pediatría, neurocirurxía, oftalmoloxía e anestesia. ecg

02 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito