Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O Concello anima ás empresas locais para apoiar e participar activamente na campaña #1Voto1Árbore

MEDIO AMBIENTE. O Carballo de Conxo está a competir durante este mes de febreiro no certame Tree of the year para converterse na árbore europea de 2022. No marco desta campaña o Concello de Santiago anima as empresas que forman parte da rede de Talentia Summit a impulsar a candidatura do Carballo do Banquete de Conxo e así promover a sustentabilidade.

Coincidindo da campaña #VotaCarballo, o Concello de Santiago está levando a cabo unha serie de iniciativas co obxectivo de pór en valor e incrementar os espazos naturais cos que xa conta a capital de Galicia. Nesta ocasión o Concello fai un chamamento ás empresas colaboradoras da organización Talentia Summit para contar co seu apoio á candidatura do Carballo de Conxo, coa que se pretende revalorizar o patrimonio natural da cidade e así mellorar a vida da cidadanía, potenciar o atractivo turístico da cidade e favorecer un entorno idóneo para o desenvolvemento do talento das novas xeracións.

Deste xeito, este grupo de empresas implicadas co medio natural e a RSC, contribuirían tamén á campaña #1Voto1Árbore pola que o Concello se compromete a plantar unha nova especie autóctona por cada voto que reciba a candidatura, o que suporía a plantación de 100.000 árbores de aquí a 2030, de chegar a eses votos, máis de 19.000 só no 2022. A campaña #1Voto1Árbore está no marco das actuacións de valorización do patrimonio natural, con motivo da votación internacional que escollerá a mellor árbore de Europa. Deste xeito, o Concello de Santiago propón ás empresas as seguintes iniciativas, como o voto conxunto dos traballadores, usar o cancelo #VotaCarballo nas redes sociais de cada empresa, ou a participación activa nas actividades de plantación de carballos que se están a levar a cabo. A votación permanecerá aberta ata o último día do mes de febreiro, votando a través de www.treeoftheyear.org/. ECG

10 feb 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito