Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Consorcio asesora aos veciños na instalación da fibra óptica na zona vella

axuda. O Consorcio de Santiago vén colaborando nesta primeira fase de despregamento da fibra óptica no ámbito do Plan Especial da Cidade Histórica, de forma excepcional, cos veciños e

propietarios que desexen contar con asesoramento institucional cara a facer as acometidas nos inmobles.

De feito, xa prestou axuda técnica neste asunto a propietarios dun cento de inmobles. Trátase así de evitar sancións derivadas dunha execución irregular que afecte a elementos patrimoniais. De tal forma que, unha vez realizada a solicitude de alta á operadora, o usuario que o desexe pode enviar un correo electrónico ao Consorcio (oficinatecnica@consorciodesantiago.org) indicando no asunto “solicitude execución punto de acometida”, engadindo o enderezo postal do inmoble, así como a persoa de contacto e un número teléfono.

Unha vez executado o punto de acometida, o resto do procedemento é unha relación exclusiva entre o cliente e as operadoras.

Esta acción do órgano interadministrativo cara a mellorar a habitabilidade e favorecer a actualización das diferentes actividades económicas, culturais e institucionais, está a ser seguida por outras cidades Patrimonio da Humanidade de España. redacción

10 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.