Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Gaiás acolle ‘Cásate no Camiño’, unha iniciativa solidaria

Santiago. O Concello de Santiago acolleu onte a presentación de Wedding Pack solidario. Cásate no Camiño, un evento solidario a favor da Asociación Galega de Trasplantados de Medula Ósea (Asotrame). Celebraráse o 29 e 30 de xaneiro no Museo Gaiás, na Cidade da Cultura. É, segundo destacou a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, na presentación, “a primeira iniciativa de vodas con fins benéficos”, xa que o 100 % do seu beneficio, irá destinado ao proxecto Arte e Emocións de Asotrame.

Ademais de Mila Castro, na presentación de Cásate no Camiño participaron Mario Álvarez Rodríguez, vicepresidente e coordinador en Santiago de Asotrame; Rosa Echevarría Domínguez, presidenta de I’TICS (Institución Turística, Inclusiva, Cultural e Social sen ánimo de lucro), promotora e organizadora do evento; e Dani Ríos Núñez, secretario de I’TICS. Neste evento, destinado a aquelas parellas de noivos interesadas en vivir a experiencia dos preparativos da voda, participarán profesionais do mundo das vodas e doutros sectores, entre colaboradores e asistentes.

Segundo explico Rosa Echevarría, Wedding Pack solidario. Cásate no Camiño fusiona cultura, artesanía, moda, música, turismo, gastronomía e solidariedade: “Buscamos humanizarnos, que as empresas colaboren con esa responsabilidade social corporativa”. Pola súa banda, Mila Castro convidou ás parellas que pensan casar en breve, aos profesionais, e ás persoas interesadas, a acudir a este evento solidario que axudará a impulsar Arte e Emocións.

Un proxecto”, sinalou, “pioneiro na sanidade pública, que ten como obxectivo, precisamente, humanizar a nosa sanidade; que xa está implantado no CHUAC, e que dentro de pouco tempo tamén se fará no CHUS”. REDAC.

01 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito