Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
OCIO. Con só dous anos de actividade na rede, Gabriel García Calvo conta con máis de 53.000 seguidores// O seu humor parte da súa naturalidade persoal e de feitos cotiás // Xente doutros sitios de España ségueo o a pesar de non entendelo TEXTO Laura Ríos

O galego conquista ‘Tik Tok’

As novas tecnoloxías, xa non tan novas nin descoñecidas, colonizan as vidas de adolescentes e maiores ofrecéndolles toneladas de entretemento gratuito e personalizado. A través das denominadas “pantallas negras” os usuarios reciben datos, información, memes, comparten experiencias, buscan redomendacións...

Internet, sen dúbida, cambiou o estilo de vida das sociedades e mudou por completo a percepción da comunicación. Antes, para consumir un programa de humor tíñase que esperar a que saíran na televisión Martes y Trece, pola contra, agora os contidos son omnipresentes e poden ser consultados as 24 horas do día.

Este é o caso do perfil de Tik Tok de Gabriel García (gabiiig8), que conta con máis de 53.600 seguidores. O súa actividade máis constante na rede social empezou como a de moitos outros influenciadores, a raíz do desconfinamento de 2020, cando arredor do mes de xuño un dos seus vídeos alcanzou a viralidade.

Gabriel, de 30 anos, explica que el xa usaba a rede de antes pero que “un día decidín subir un vídeo e cando me dei conta tiña 60.000 visitas”. A pesar de que a súa profesión é o maxisterio infantil, carreira que estudou nos campus de Lugo e Santiago da USC, García afirma que compaxina o seu traballo —cun horario de mañá— co seu segundo emprego en redes sociais, ás que adoita subir un mínimo de 3 vídeos á semana.

Aínda que as plataformas poidan ser unha fonte de retribucións a ter en conta, explica que “non busco vivir desto nin é a miña principal vía de ingresos”. Para el, subir contidos é unha parte máis da súa rutina e apunta que quizáis se volvería algo máis estresante se se tratase do seu único emprego. Oxoven declara que adora o seu traballo como mestre infantil e que pasar o día cos nenos é algo que lle axuda a recargar as pilas . “Cando estou con eles pásanme as horas voando” sinala.

Nado en Rois, pensa que o seu humor bebe principalmente da cultura e a forma de ser galegas e que se o fixese en castelán non estaría tan cómodo: “Estase demostrando que podes chegar a moitos lugares falando en galego” destaca. Engade que “sorpréndeme porque ségueme xente de fóra de Galicia que se anima a entender o que estou dicindo incluso tendo un acento tan pechado con seseo e gheada”.

o malo de internet. Gabriel chama a atención pola súa naturalidade e poderíase dicir que ese é o estandarte da súa personalidade dentro e fóra da rede. Os seus vídeos, centrados no cotiá, representan a miúdo as pequenas diferenzas na maneira de ser dos galegos e do resto de españois.

Quizáis esa sexa a fórmula do seu éxito que no só colleita máis de 50.000 seguidores en Tik Tok, senón que tamén chega a Instagram, onde o roiés ten máis de 5.000 persoas pendentes dos seus vídeos.

Esta grande cantidade de público, na sú maioría moi novo, fai sentir unha certa responsabilidade a García, que admite que “aínda que non queiras, sempre te notas un pouco responsable”.

Apunta que a pesar de que os seus contidos son aptos para todos os públicos e se trata dun humor branco, o certo é que é consciente de que os personaxes públicos sempre inflúen algo nos demáis, igual que lle pasaba a el cando era un adolescente e se fixaba nos actores de Hollywood ou os cantantes famosos.

Sobre a vida en Internet, García afirma sentirse moi afortunado: “Encántame a comunidade que se formou dentro do meu perfil” asevera sorrinte.

Para o mestre é impresionante ver como a procentaxe de comentarios positivos gaña por goleada aos negativos. Neste sentido, indica que aínda que se sinte moi arroupado dentro do seu perfil, ás veces non pode evitar fixarse neses comentarios malos pero que intenta non facerlles máis caso do debido e non responder. Segundo García, “ao estar detrás dunha pantalla a xente escúdase e é capaz de dicir cousas que non diría fóra das redes sociais”. Pola contra, di que non pode queixarse e que a cantidade de comentarios malos é moito menor que a de comentarios bonitos.

que che coñezan mentres camiñas pola rúa. Moitos pais está acostumados a que os seus fillos sexan cociñeiros, taxistas, informáticos... pero o certo é que o de tik toker non é moi común. Neste eido, Gabriel explica que a súa familia sempre se foi para el un apoio fundamental á hora de desenvolver a súa faceta de influenciador.

Afirma que os seus pais, xeracionalmente lonxe de Tik Tok, decidiron descargarse a app para poder ver os seus vídeos e ri entres admiqte que “a miña nai é a miña fan número un”. Igualmente, sinala que os seus pais síntense moi contentos de ver como esta segunda ocupación non choca coa súa profesión como mestre.

O xoven pensa que o momento máis especial para os seus avós foi ver como na tele falaban dos vídeos humorísticos do seu neto ou ver que a xente o recoñece pola rúa ou lles contan que o coñeceron a través das redes sociais.

A García non só o coñecen nas pantallas e nas plataformas, senón que hai xente que o para pola rúa para pedirlle unha foto ou simplemente dicirlle que lle gustan os seus vídeos. Asevera que a primeira vez que lle pasou isto arredor do nadal de 2021, cando unha rapaza lle pediu unha foto mentres paseaba polo centro comercial As Cancelas coa súa parella e os pais dela.

Os encontros con fans non quedaron aí senón que seguen aumentando a medida que o seu perfil en Tik Tok crece. O roiés explica con asombro que cando sae de festa hai xente que quere sacar fotos con el, algo que lle parece moi estraño pero que fai encantado xa que di que a xente sempre o trata con moito respeto neste tipo de situacións.

Preguntado polos seus referentes humorísticos, afirma que na súa casa a televisión tivo un papel fundamental e que cómicos como Xosé Antonio Touriñán deixaron unha pegada imborrable na súa forma de facer rir ao público. García admite que lle gustaría que os seus vídeos chegasen ao mítico cómico galego e que lle garda unha grande admirción dende que era pequeno. Nesta listaxe tamén inclúe ao famoso actor coruñés David Perdomo.

11 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito