Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Multixogo pecha as súas portas con preto de 15.000 participantes

un éxito. O gran parque de atraccións de 3.500 metros cadrados instalado no Multiusos de Sar desde o pasado 26 de decembro ata o luns 2 de xaneiro, pechou as súas portas con éxito: 15.000 asistentes foron os que disfrutaron do Multixogo de Nadal, no que máis de 60 persoas traballaron na montaxe, desenvolvemento e desmontaxe do evento, e entre elas, o equipo de 36 monitores das actividades.

Durante oito días, o Multixogo acolleu un amplo programa de actividades dirixidas a cativada durante as vacacións de Nadal, con actuacións de música e maxia, un circuito multiaventura de 500m2, inchables, rocódromos, piscina de bolas, circuito de karts a pedais, simuladores, videoconsolas, xogos interactivos e populares, unha zona Lego, actividades deportivas e obradoiros de Nadal.

Todo un mundo de aventuras no que a protagonista foi a gran tirolina de 80 metros de percorrido que atravesaba dende as alturas toda a pista central do recinto, pola que pasaron preto de 3.000 persoas. Os nenos puideron gozar tamén de concertos didácticos con A Casa do Rock, maxia infantil con Jorjus el Magnificus e Kiko Carrolo, un concerto de Pakolas Rockeando con Ramona Órbita, unha sesión de música e baile con DJ Chito, contacontos con Ángeles Goás ou unha exhibición de Zumba para despedir o ano. s..g

04 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.