Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O Museo Casa de la Troya pecha a tempada deste ano con máis de 2.000 visitantes

ÉXITO. O Padroado do Museo Casa de la Troya celebrou onte a súa xuntanza anual no salón reitoral da Universidade de Santiago. Asistiron o seu presidente e reitor da USC, Antonio López; a primeira tenente de alcalde, Mercedes Rosón; o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o secretario do Padroado, Fausto Santamarina; o tesoureiro, Alejandro Otero; Juan Carlos Díaz del Valle, vogal; Agustín Pena, presidente de Alumni USC; xunto a Benigno Amor, presidente da Asociación Cultural-Musical de Antiguos Tunos Compostelanos e Amigos do Museo Casa de la Troya.

Revelouse que o Museo recibiu 2.281 visitantes en 2022, un importante incremento sobre os anos previos marcados pola pandemia (1.031 en 2019 e 1.790 en 2020). “Para o novo ano quixeramos recuperar as visitas de colexios para achegar a Compostela de finais do século XIX ás novas xeracións”, avanzou Amor. ECG

15 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.