Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O PP pide explicacións sobre o plan director do deporte

tres anos sen noticias O PP esixíralle ao Goberno socialista, no vindeiro Pleno, que despois de máis de tres anos e sen ter información, explique se os socialistas dispoñen da Auditoría e o Plan Director das instalacións municipais que se acordaran elaborar no ano 2019. O concelleiro Pedro Rey pedirá tamén que aclaren ademais que actuacións, orzamentos e prioridades ten abordado no que vai de mandato.

Nun comunicado remitido na tarde de onte, Rey Sanchiz lembra que, ao pouco de iniciarse o actual mandato, en outubro de 2019 e por iniciativa do Grupo Popular, adoptouse un acordo plenario por unanimidade dos grupos presentes na Corporación Municipal —socialista incluído— para que o Goberno local “coa maior dilixencia posible” elaborara unha auditoría sobre o estado das instalacións deportivas municipais e o grao de cumprimento das normativas que lle son de aplicación, “como un primeiro paso para elaborar un Plan Director no que se reflictan as actuacións, orzamentos e prioridades para a súa execución a curto e medio prazo”.

“Agora, transcorridos, máis de tres anos sen que teñamos constancia de ningunha nova en relación con este acordo, consideramos necesario que o Goberno socialista explique que foi o que fixo neste eido”, aclarou.

O concelleiro Popular considera que a realidade fai pensar que “poucas explicación imos a obter, porque todo apunta a que nada se fixo”, asevera nun comunicado no que afirman que se o candidato popular Borja Verea consegue o apoio da veciñanza nas municipais de marzo “converterá o deporte nun dos seus puntos fortes”. ecg

13 feb 2023 / 06:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito