Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O servizo de comedor escolar seguirá en xullo e agosto grazas á colaboración con Afundación

Santiago. A xunta de goberno local, na súa sesión ordinaria celebrada onte, aprobou a continuidade do servizo de comedor escolar durante os meses de xullo e agosto. A fundación Galicia Obra Social (Afundación) asume durante estes dous meses este servizo, que se prestará nos centros socioculturais de Cornes e Vite. O rexedor compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, indicou que a fundación Galicia Obra Social ofreceu este servizo a varios concellos galegos. Deste xeito, aquelas familias que o desexen poderán seguir accedendo a este servizo durante xullo e agosto. Unha vez comezado o curso, e levantada a suspensión do contrato coa empresa que presta os servizo, o Concello volverase a facer cargo do seu financiamento. Os termos desta colaboración entre o Concello e Afundación están marcados nun protocolo.

Afundación, a través do seu programa Cubertos proporcionará ata 200 menús diarios, de xeito gratuíto, de luns a venres, para cubrir as necesidades de alimentación dun número igual de persoas menores de idade. O obxectivo desta iniciativa é apoiar as familias máis vulnerables, especialmente afectadas pola crise da covid-19, garantindo ás nenas e nenos unha alimentación saudable durante o verán, período no que se interrompen os programas de bolsas comedor.

Noutra orde de cousas e a proposta do concelleiro de Medio Rural, adxudicouse a construción dunha senda peonil na rúa de San Martiño (1ª Fase), obra incluída no POS + 2019 da Deputación da Coruña. Os traballos executaraos a empresa Obras y Viales de Galicia, SL, por un importe de 319.420 euros (IVE incluído). redac.

14 jul 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.