Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Os clientes do Mercado de Abastos recibirán bonos de desconto para combustible

Impulsa unha campaña con Los Ángeles Gas para incentivar o comercio local no mes de setembro

Santiago. A xerente do Mercado de Abastos, Marta Rey; Lucía Castro, técnico de Comercio do Concello de Santiago, e Fernando Parra, en nome de Los Ángeles Gas presentaron onte a campaña Estamos para que volvas, de apoio ao comercio en Abastos. Unha iniciativa pola que por cada compra levada a cabo entre o 13 e o 25 de setembro no Mercado de Abastos, os comerciantes de todos os postos da praza entregarán aos clientes cupóns de desconto inmediato a trocar cando reposten combustible na rede de estacións de servizo Los Ángeles Gas. En total poranse en circulación máis de 20.000

cupóns de desconto directo que se aplicarán gasoliñeiras LAG.

Marta Rey destacou que “con esta acción o Mercado aposta por axudar aos clientes na chamada volta á escola a través dun aforro por mercar nos nosos postos”. “Traballamos por incentivar o tránsito no espazo de Abastos e somos coñecedores de que para algúns dos nosos clientes isto significa un desprazamento que non pode realizar camiñando, en bicicleta ou transporte público. Traballamos para todos os que mercan aquí e sabemos da importancia de crear sinerxías para facilitar este tráfico entre os postos de venda e os que veñen a mercar”. Ao que engadiu que “agradecemos a LAG a súa disposición ante esta proposta e total colaboración para desenvolver esta acción”.

Pola súa Lucía Castro, técnico de Comercio do Concello de Santiago, sinalou que este tipo de convenios é un beneficio para todos xa que incentiva o paso polo mercado e significa algo tan importante para a economía familiar como é aforrar. Asemade destacou a importancia da colaboración entre empresas para desenvolver esta iniciativa.

Mentres, Fernando Parra, de LAG sinalou que “estamos encantados de colaborar co Mercado de Abastos, do mesmo xeito que xa vimos facendo con outros concellos nos que temos presencia. Ata agora estas sinerxías tiveron bo resultado e nos permiten manter a nosa política de responsabilidade social na que apostamos pola atención personalizada e a creación de postos de traballo. Somos parte do tecido social e empresarial de Santiago e creemos que é importante manter e incorporar persoas ao mercado laboral”, ao que engadiu que “estas colaboracións son parte dun obxectivo conxunto ao redor do comercio e o traballo”.

Unha campaña na que todos os que merquen durante a semana do 13 de setembro recibirán cupóns que poderán trocar ata o 15 de decembro nas estacións de servizo LAG nas áreas de Santiago, A Coruña e Santa Comba. Do mesmo xeito o concello de Santiago continúa apoiando iniciativas de apoio ao comercio local e do centro da cidade, engadindo esta acción á presentada no mes de xullo a través do bono de desconto para os aparcadoiros da cidade. ECG

08 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito