Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Os escolares convértense en actores no Teatro Principal

Santiago. O departamento municipal de Educación e as Equipas de Normalización Lingüística dos centros escolares de Santiago e comarca presentan un ano máis o Certame de Teatro Intercentros, destinado a alumando de ESO e Bacharelato de Santiago e comarca, que se celebra no Teatro Principal este ano acada a súa edición número 25.

A programación comeza hoxe, ás 12.00 h, coa representación de Elas, por parte do Grupo de danza de secundaria, unha represenación danzada da vida e obra de seis mulleres destacadas da historia. Pola tarde, ás 18.00 h, o grupo de teatro do IES de Brión interpretará As do peixe, unha peza na que sete mulleres dunha fábrica de conservas reconstrúen parte da súa experinecia. Mañá, ás 16.30 h, proxectarase a curtametraxe Sen conciencia, do grupo de teatro Tantometén do IES Antón Fraguas. A programación rematará coa representación, ás 18.30 h, de Criaturas , protagonizada polo grupo Vai no dentista, do IES Xelmirez I. ECG

11 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito