Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Paul Daniel dirixiu á RFG por última vez tras 10 anos

Despedíuse co Concerto de Reis interpretando ‘O Crebanoces’ // Foi o director artístico e titular da orquestra dende o 2013

Paul Daniel dirixiu onte pola noite, xa como director convidado, a Real Filharmonía de Galicia no seu tradicional concerto de Reis Magos, que tivo lugar ás 21.00 horas no Auditorio. Antes da actuación, quixo despedirse do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para o que acudiu ao Pazo de Raxoi.

Na visita estiveron presentes tamén a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; a xerente do Consorcio, Belén Hernández; e a directora técnica da Real Filharmonía de Galicia, Sabela García Fonte.

O mestre Paul Daniel ocupou o cargo de director artístico e titular da Real Filharmonía de Galicia dende o ano 2013. O alcalde de Santiago quixo agradecerlle en persoa o traballo realizado á fronte da institución musical, cuxa programación de abono “consolidou e converteu nunha das máis orixinais e sólidas de España”.

Sánchez Bugallo tamén quixo poñer de manifesto que nesta traxectoria de dez anos á fronte da formación compostelá, o traballo do mestre Daniel destacou polo seu firme compromiso coa promoción e difusión da música feita en Galicia, pola coidada relación que sempre desenvolveu cos diferentes axentes culturais da comunidade, pola apertura cara a novos formatos de concertos na procura de novos públicos e, ademais, polo continuo diálogo con outras manifestacións musicais de gran prestixio.

Paul Daniel volveu poñerse onte á fronte da Real Filharmonía de Galicia tras apenas unhas semanas dende a súa despedida, xa como director invitado, para intepretar o tradicional concerto de Reis. Para este recital tan especial, a recoñecida orquestra interpretou unha obra á altura da ocasión, como é O Crebanoces, composto entre os anos 1891 e 1892 polo histórico compositor ruso Piotr Ilyich Chaikovski durante o período do romanticismo.

06 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.