Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Por fin en marcha a renovación do servizo de recollida do lixo

Bugallo: “É un dos temas máis demandados pola cidadanía” // A convocatoria do concurso tratarase na Xunta de Goberno do vindeiro luns

A imaxe de lixo acumulado nalgunhas rúas de Compostela ou de contedores deteriorados é xa unha vella amiga da cidade, pendente da renovación do servizo do lixo. Tal e como anunciou esta mañá o alcalde en rolda de prensa, o vindeiro luns a Xunta de Goberno Local dará conta da convocatoria do concurso para a limpeza viaria e a recollida do lixo. “Este é un dos temas máis demandados pola cidadanía”, recoñeceu Sánchez Bugallo, que non ofreceu máis detalles e emprazou á vindeira semana para máis novidades. O que si engadiu é que se trata do concurso con maior importe económico do Concello de Santiago, xunto ao do servizo de auga.

Unha vez adxudicado, será posible proceder á esperada e necesaria adaptación ás novas necesidades, á renovación de materiais e, incluso, á introdución de máis empregados. A falta dunha renovación do servizo tamén impide unha mellora tecnolóxica, algo que repercute directamente no casco histórico. A protección da zona monumental dificulta a colocación de colectores fixos para que non se coloquen ata un determinado momento. Un problema que, unha vez renovado o servizo, prevese que se solucione a través dun novo sistema de recollida intelixente que xa foi encargado a unha empresa especializada.

O estado actual do servizo débese a situación de prórrogas que sufriu a concesión datada do ano 2005. Semanalmente son decenas os veciños que fan chegar as imaxes de contedores repletos de lixo ou de deficiencias no servizo, como as que teñen lugar habitualmente nas instalacións subterráneas existentes en varias das rúas da capital galega. Nos últimos meses, representantes municipais da oposición, como o popular Alejandro Sánchez Brunete, resumiron a problemática que vive esta prestación básica para a cidadanía como moi deficiente: “O estado actual dos elementos materiais dos servizos de lixo e transporte urbano en Santiago é unha vergoña”, indicou.

16 abr 2021 / 14:31
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.