Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 20 julio 2024
09:49
h

Premio para o IES Camilo José Cela no concurso “Novos Poliedros”

O venres 10 de decembro, unha representación do alumnado do grupo 4º ESO A do IES Camilo José Cela desprazouse á sede da Secretaría Xeral de Política Lingüística, para recibir da man do Secretario Xeral un dos premios outorgados no Concurso “Novos Poliedros”, organizado por Igaciencia - Institución Galega de Ciencia en colaboración coa devandita Secretaría Xeral. O traballo realizado consistiu na creación, reprodución e denominación en galego dun novo poliedro, chamado Amora polo alumnado participante. No proxecto colaborou o profesorado do Departamento de Matemáticas do IES Camilo José Cela: Mercedes Ferreiro Castro, Manuel Gándara Pastrana, Rosa Ana Mirón Blanco e Alejandro Reborido Santos. Para a impresión 3D do poliedro contaron coa colaboración do profesor do Departamento de Xeografía e Historia Xoán André Santaló Ríos.

14 dic 2021 / 12:37
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.