Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Premios de banda deseñada e ensaio subversivo

GALARDÓNS. O Salón de Actos do IES Arcebispo Xelmírez I acolle, ás 18.00 horas da tarde de mañá, o acto de entrega dos Premios de banda deseñada AX1, así coma os de ensaio subversivo Guillermo Domínguez. Ambos, coa presente, alcanzan á súa décima edición.

Contando co apoio incondicional da Secretaría Xeral de Política Lingüística, estes premios naceron coa vontade de estimular o talento creativo e a capacidade discursiva do alumnado galego na lingua propia do país. Ao longo da traxectoria na súa historia, estes galardóns serviron para descubrir unha pluralidade de voces singulares e produciron obras dirixidas ao público xuvenil que serviron para demostrar que a mocidade idea, pensa e crea con solvencia e dunha maneira moi conectada coas vetas creativas e intelectuais que se manifestan alén das nosas fronteiras. No caso da presente edición, recoñecéronse os traballos de alumnado do IES Arcebispo Xelmírez I, do Arcebispo Xelmírez II, do IES Rosalía de Castro, do IES Isaac Díaz Pardo de Sada, do IES O Carril de Vilagarcía de Arousa e do IES de Pastoriza de Arteixo.

No transcurso deste acto ceremonial, que estará presidido por Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, terán tamén a oportunidade de tomar o micrófono a cantante Catuxa Salom, o grupo de teatro Vai no dentista, cuxa historia remóntase ata hai 28 anos, cando viu a luz por vez primeira no mesmo Xelmírez; e o alumno Cibrán García. ECG

03 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito