Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Proxéctase este luns o documental “Gaza Surf Club”, incluído no ciclo “Cinema e Resiliencia”

Poderase ver de forma gratuíta a partir da 20 horas no salón Olivo do hotel Eurostars Araguaney de Santiago

A Fundación Araguaney-Puente de Culturas pecha este luns o ciclo “Cinema e Resiliencia”, organizado en colaboración coa Deputación da Coruña. Poderase ver gratuitamente o documental “Gaza Surf Club”, ás 20 horas no salón Olivo do hotel Eurostars Araguaney de Santiago, ata completar o aforo. A temática do ciclo resalta a resiliencia, entendida como a capacidade dos seres humanos para adaptarse positivamente ás situacións adversas, será o eixo central das proxeccións.

Dada a situación actual marcada pola pandemia da covid-19, e co fin de garantir a seguridade dos espectadores do ciclo, a Fundación Araguaney-Puente de Culturas estableceu un estrito protocolo, con medidas de hixiene, protección e aforo á sala #culturasegura. Recoméndase asistir á proxección con antelación polo que se habilitará o acceso 20 minutos antes. Será obrigatorio o uso de máscara e xel hidroalcohólico, manter a distancia de seguridade, usar o asento asignado e evitar as aglomeracións na entrada e saída do recinto.

Será indispensable a reserva previa de invitacións gratuítas no correo electrónico inscripciones@araguaney.com (nome + teléfono), cun máximo de dous por persoa. Cada inscrición abrirase a semana anterior á proxección e finalizará ás 15 horas do propio día da sesión.

A Fundación Araguaney-Puente de Culturas celebra o ciclo como preámbulo da Semana de Cine Euroárabe AMAL 2021, que se celebrará na semana do 25 ao 29 de outubro no Teatro Principal de Santiago (entradas xa á venda en Ataquilla.com).

- Luns-18 de outubro. 20 horas. “Gaza Surf Club”. Documental. Philip Gnadt e Mickey Yamine / Alemaña e Palestina / 2016/ 87 minutos.

O documental narra a vida dun grupo de mozos e mozas atrapados na prisión ao aire libre máis grande do mundo, Gaza, unha nova xeración que se lanza ás praias. Fartos da ocupación e o bloqueo, atopan a súa válvula de escape nas ondas do Mediterráneo: son os surfeiros de Gaza.

Os directores: Mickey Yamine e Philip Gnadt. Mickey Yamine é un produtor, director e escritor exipcio, que se trasladou a Alemaña cando tiña dezaoito anos. A súa ópera prima “Tropic of fear” obtivo unha mención honorífica no Festival de Locarno e foi emitida na televisión alemá. Philip Gnadt é un director alemán que funda Substanz Filme en 2003. Traballa como director independente de películas corporativas e documentais.

18 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.