Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Reclaman plazas de parquin para o hospital Clínico, ante os problemas para aparcar

A situación verase agudizada pola ampliación do centro sanitario, que restará estacionamentos

    Santiago. Compostela Aberta urxiu onte a Xosé Sánchez Bugallo a que “abandone a súa eterna submisión á Xunta do PP, traballe en prol dos intereses da veciñanza de Santiago e reclame ao Goberno galego solucións para o problema de aparcamento no hospital Clínico, que se vai ver agudizado pola ampliación das instalacións sanitarias”.

    O concelleiro Jorge Duarte lembroulle ao alcalde que Raxoi tén aprobado desde o ano 2017 o estudo de detalle dunha parcela próxima ao CHUS na que se pode construír un estacionamento público, e pediulle que retome a petición que no pasado mandato realizaron a Feijóo para que sexa o Goberno galego quen financie a actuación. Cualificou de “enormemente sorprendente que o alcalde de Santiago, en lugar de esixir solucións, anuncie a súa intención de modificar o PXOM para que sexa menos esixente no que tén que ver coa dotación de prazas de aparcamento no contorno do hospital”.

    Nesa liña, considerou demagóxicas as declaracións de Bugallo “que quere facernos crer que temos que elixir entre quirófanos ou prazas de estacionamento, cando a realidade é que hai terreo para habilitar un novo parking, que teña unha xestión pública e uns prezos asequibles, e o único necesario é que a Xunta se comprometa coa súa construción”.

    O concelleiro lembrou que no pasado mandato aprobouse o estudo de detalle dunha parcela municipal situada no contorno da Hospital Clínico, na que se pode construir un aparcamento cunhas 500 prazas distribuídas en tres plantas. Na parte superior do estacionamento prevíase o acondicionamento dunha praza, que podería servir de conexión peonil co hospital.

    Os terreos, situados ao carón do CIMUS, fóronlle ofertados á Xunta de Galicia en reiteradas ocasións para que asumira a construción do aparcamento, “tendo en conta que xa existe un grave problema de estacionamento no contorno do hospital, que lle xera graves problemas aos doentes e ás súas familias que teñen como única alternativa un parking privado cunhas tarifas desorbitadas”. O edil urxiu a Bugallo “a exercer a presión que debe exercer para que ese aparcamento vexa a luz, e a deixar de dar por bo todo o que diga Feijóo ainda que sexa contrario aos intereses da veciñanza á que se debe como alcalde de Santiago”. Ademáis, lembrou que “o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago dálle servizo a unha área de poboación de case 400.000 habitantes, e por iso entendemos que dotalo do aparcamento necesario non é unha obriga exclusiva do Concello de Santiago”.

    A ampliación deste centro hospitalario vai supoñer, ademáis, a supresión de plazas de aparcemento, con conseguinte perxuizo para os veciños. redacción

    05 ago 2021 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito