Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Recollida de sinaturas na Praza Roxa en apoio ás persoas refuxiadas

Santiago. A Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas promove o acto final do peche da Campaña de Regularización Xa en Galicia, que terá lugar hoxe na Praza Roxa. Incluirá unha recollida das últimas sinaturas da campaña (de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas), o acto final de peche da campaña (ás 19.00 horas), un agradecemento, a lectura do Manifesto e actuacións musicais. Este acto, incluido nun maratón que se celebra a nivel estatal en diferentes cidades, pretende recoller as últimas sinaturas dunha campaña que se está desenvolvendo en varios centos de colectivos e entidades sociais de todo o Estado, para xuntar o medio millón de sinaturas preciso co que promover unha ILP (Iniciativa Lexislativa Popular) no Parlamento Español. d.seijas

10 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito