Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Recoñecido pola Igrexa o Camiño de San Rosendo

PEREGRINACIóns. Fai máis de dous anos que botaba a camiñar a Asociación Camiño de San Rosendo e da

Rainha Santa co obxetivo de por en valor e divulgar o Camiño de San Rosendo, unha ruta milenaria que, partindo de Braga chega a Santiago, entroncando o seu discorrer en Ourense coa Vía da Prata. Tras recoller o testigo de moitos estudos anteriores, investigacións e traballos feitos, os representantes da entidade reuníronse cos alcaldes polos que discorre a ruta para asinar un convenio de colaboración, investigouse o camiño, deseñouse o logo e os productos de merchandising e comezouse a andar a través de diferentes iniciativas. Nas últimas semanas unha reunión co responsable da Oficina Internacional do Peregrino, Segundo Pérez, deu como resultado o recoñecemento oficial deste camiño por parte da Igrexa. A partir de agora, todos aqueles peregrinos que cheguen a Santiago seguindo este antigo roteiro de peregrinación recibirán a Compostela. Por outra banda, e tras unha reunión mantida co conselleiro de Cultura Román Rodríguez, esta semana o Consello da Xunta aprobou a firma dun convenio de colaboración co Consello Superior de Investigacións Científicas para que a entidade elabore unha ferramenta metodolóxica, en base a criterios científicos, que avalíe o recoñecemento dos itinerarios históricos como Camiños de Santiago. t.m.

06 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito