Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Reivindicacións con motivo do Día Mundial da Esclerose Múltiple

Santiago. Con motivo da celebración, mañá, do Día Mundial da Esclerose Múltiple, a Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (ACEM) elaborarou un manifesto coas súas reivindicacións e accións que está a desenvolver. A Esclerose Múltiple é unha enfermidade crónica autoinmune, desmielinizante,

neurodexenerativa e progresiva do sistema nervioso central. Afecta a 55.000 persoas en España, 700.000 en Europa, e 2.300.000 en todo o mundo. Galicia é a comunidade con maior prevalencia da enfermidade, con máis de 4.000 persoas diagnosticadas. O 70 % dos casos prodúcense entre os 20 e 40 anos, en pleno desenvolvemento persoal e laboral. A incapacidade que provoca caracterízase por trastornos motores, cognitivos e visuais, acompañada doutras alteracións como ansiedade e depresión.

A Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple celebra cada 30 de maio o Día Mundial da Esclerose Múltiple realizando diferentes actividades para concienciar e sensibilizar á sociedade sobre a situación das persoas que viven con esta enfermidade de tipo neurodexenerativo. Ante a imposibilidade de realizar os diversos actos que supoñan a agrupación de persoas, este ano ACEM desenvolverá a súa campaña de sensibilización online para dar a coñecer a problemática actual das persoas con esclerose múltiple, particularmente tras o impacto a nivel organizativo e financieiro que supuxo a crise da covid-19. ECG

28 may 2020 / 23:40
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito