Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Repártense 4.500 cinceiros na cidade para concienciar sobre a contaminación

iniciativa. A campaña Depende de todos que organiza a Mesa do Tabaco coa que se distribuirán 4.500 cinceiros portátiles pola cidade, foi presentada onte pola concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro. O obxectivo desta campaña é facilitar que as cabichas poidan ser desbotadas correctamente e informar ós fumadores onde debe depositarse este residuo. Neste senso, a concelleira puxo en valor o traballo de concienciación que se está a facer desde o seu departamento: “Temos que ter en conta que unha cabicha contamina 50 litros de auga do noso río Sarela” polo que “todo paso para mellorar a xestión que facemos dos nosos residuos, incluso a título persoal, é positiva e imprescindible”. Hoxe continuará a distribución dos primeiros cinceiros portátiles nas rúas máis concorridas da cidade.

“Como sociedade debemos entender a nosa responsabilidade no coidado do medio ambiente. A educación e a concienciación son unha das vías máis adecuadas para construír entre todos una sociedade máis responsable, e de aí, o lema desta acción: Dependede todos”, explicou Itziar Elizalde, directora de Relacións Institucionais da Mesa do Tabaco. Con esta campaña búscase ir un paso máis alá dando continuidade ás accións de sensibilización que vén realizando a entidade, entendendo que é unha das medidas máis efectivas para acabar coas cabichas no chan. ecg

17 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.