Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Retorna o Facom Fest á Universidade de Santiago con diversas actividades

santiago. O Facom Fest constitúe unha oportunidade para visibilizar ás primeiras obras das novas xeracións do audiovisual galego. Búscase dar unha maior vida ás pezas realizadas polos estudantes que cursen algunha titulación de carácter audiovisual e artístico en Galicia, que en moitas ocasións quedan reducidas aos traballos de clase sen a expectativa dun visionado público. O festival pretende tamén conformar un espazo no que compartir os diversos talentos e intereses do alumnado, proporcionando un punto de encontro no que estes poidan comezar a construír a súa rede de contactos, darse a coñecer no sector e gañar unha experiencia práctica máis próxima ao mundo profesional.

E comezará mañá no Auditorio da Facultade de Ciencias de Comunicación da Universidade de Santiago (Avenida de Castelao, s/n), con diversas proxeccións e coloquios. O festival celébrase ata o venres, día 2 de decembro, e tamén terá coma escenarios o Museo das Peregrinacións (Praza das Praterías, nº2), a Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago (Avenida de Castelano, s/n), e a Sala Moon (rúa de República Argentina, nº35). redacción

28 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito