Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Rosón asegura que a dimisión do exedil Pichel “foi un acerto”

A concelleira afirma que o goberno local actuou con “total transparecia e responsabilidade”

A preguntas dos xornalistas, e en referencia á renuncia do xa exconcelleiro de Medio Rural, José Manuel Pichel, a concelleira Mercedes Rosón sinalou que “neste asunto actuouse en todo momento con responsabilidade e transparencia” e, dende o seu parecer, afirmou, “o informe do secretario da Xunta de Goberno é moi claro ao respecto”.

O erro de Pichel, continuou, “como él mesmo dixo onte, foi non por en coñecemento do alcalde e dos membros da Xunta de Goberno a relación da empresa da que fora administrador único coa empresa propietaria do inmoble”, sendo esta Desproi S.L, e que “o seu gran acerto, creo eu, é como respondeu de xeito inmediato cando un se equivoca”.

“Dende logo”, engadiu, “no exercicio dos cargos institucionais e da política en xeral hai que distingar dous planos, o legal e o ético. Desde o noso punto de vista, desde o do goberno municipal, calquera servidor público debe manter esa esixencia nos dous planos. E ante calquera sombra de dúbida o único que cabe é dimitir. Neste caso, José Manuel foi moi rápido e moi claro”, subliñou, e engadiu: “Creo que este goberno actuou con rapidez e total transparencia”.

Sobre o expediente en concreto que motivou a renuncia do concelleiro, aclarou que “estase estudando xuridicamente” e que a partir de aí “decididarse o que facer”. Rosón insistiu en que “onte foi moi claro José Manuel ao explicar o seu erro, no que recoñeceu expresamente non ter informado ao alcalde e aos que formamos parte da Xunta de Goberno desa relación”.

Así o explicou a concelleira Mercedes Rosón ante a polémica xerada nestos últimos días tras fracerse público un expediente relativo ao alquiler dunha nave industrial vinculada ao xa exedil José Manuel Pichel, quen presentou a súa dimisión o mércoresmiércoles. Tras trascender que o Concello de Santiago arrendou unha nave industrial para o departamento de Parques e Xardíns a unha empresa a la que él mismo está vinculado como accionista.

Con todo, Rosón asegurou que o goberno local actuou “con responsabilidade”, “total transparencia” e “total rapidez” tras tener coñecemento do caso, ao que lle seguiu a dimisión como concelleiro de Medio Rurais de José Manuel Pichel para que “non se cuestione a honorabilidade deste gobierno local”. Así mesmo, o Concello de Santiago está a analizar xuridicamente todo o expediente relativo ao aluguer da nave.

20 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito