Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Rutas a pé e actividades culturais en ‘Monumenta’

Santiago. Un verano máis volve Monumenta, andar con arte, o programa da Xunta que combina rutas a pé con actividades culturais. O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presentou onte a iniciativa no mosteiro de Carboeiro (Silleda). Os novos itinerarios están centrados moitos deles nas rutas de peregrinación a Santiago co gallo do Xacobeo. O ciclo desenvolverase do 6 de agosto ao 12 de setembro en catorce localidades cunha oferta que busca o equilibrio entre a divulgación e o lecer.

Nesta nova edición continúase coas prácticas que identifican o ciclo, como son as visitas ao patrimonio monumental ou etnográfico ou a divulgación dos elementos físicos e ambientais. Haberá rutas nas catro provincias. I. S.

21 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito