Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Solicitan un programa de circuítos saudables para todo o municipio

    Santiago. A concelleira do grupo municipal popular, Beatriz Cigarrán, pediralle ao goberno local no vindeiro pleno ordinario que impulse a posta en macha dunha campaña participativa de prevención e promoción da saúde por barrios e parroquias, con informacións de interese sobre alimentación saudable, perda de peso corporal, lectura crítica de etiquetas dos produtos alimenticios e a adopción dun estilo de vida saudable, cunha especial atención á práctica do exercicio físico no contorno máis inmediato en funcións das necesidades de cada persoa.

    A popular subliña que para este fin, poderá solicitar a colaboración, con medios humanos e materiais, das persoas e entidades do sector operantes na cidade, en especial a Facultade de Medicina e a Consellería de Sanidade.

    Cigarrán remarca que as administración locais teñen moi limitadas as súas competencias en materia sanitaria, pero o seu carácter de proximidade fai que as súas actuacións, por modestas que sexan, adquiran unha gran importancia á hora de achegar á cidadanía nocións e conceptos de interese xeral, combinando eficacia e eficiencia na asignación de recursos.

    Un dos obxectivos prioritarios da acción pública debe ser a promoción de hábitos saudables, tanto no relativo á actividade deportiva -sabido é que deporte é sinónimo de saúde- como na información sobre a influencia da alimentación e de determinadas condutas para a prevención e coidado físico e mental do conxunto da poboación. ecg

    27 jun 2022 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito