Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Última oportunidade para visitar o ‘Galiverso de Nadal’ mediante unha experiencia única inmersiva

cultura. O Galiverso de Nadal, unha edición especial do Galiverso, trasladouse á planta -1 do Museo Centro Gaiás co inicio do 2023 para traernos novas experiencias de realidade virtual e que remata hoxe.

O Galiverso de Nadal ofrece así unha nova experiencia na que serán benvidos toda rapazada a partir de 6 anos de idade, quenes poderán disfrutar de cinco minutos, aproximadamente, dunha nova realidade atendendo ás recomendacións dos expertos para o uso deste tipo de lentes nos nenos. Na casa do Apalpador os máis pequenos poden interactuar con varios xoguetes, deixar unha mensaxe virtual no taboleiro ou mesmo sentar a carón desta figura mítica para recibir unha sorpresa. Deste xeito, as nenas e nenos de seis a once anos de idade poden acceder a unha experiencia única adaptada con unha duración menor.

Pola súa parte, os maiores de doce anos poderán acceder á oferta completa do Galiverso, que amplía o número de postos dispoñibles para disfrutar das doce experiencias cas que conta actualmente e que permiten visitar o patrimonio material e inmaterial galego desde unha perspectiva inmersiva e diferente. Así os interesados poderán mergullarse durante vinte minutos en monumentos e espazos naturais das catro provincias galegas sen saír do recinto como contemplar o solpor en Fisterra, as vistas da Coruña desde o cumio da Torre de Hércules ou o canón do Sil desde as alturas. Tamén, internarse na cripta do Apóstolo en Santiago será posible con esta experiencia de realidade virtual, entre outras máis incluidas na oferta.

O Galiverso chega ó seu fin hoxe que será a última oportunidade para poder disfrutar desta experiencia inmersiva en horario de mañá de 11.00 ás 14.30 horas e de tarde de 16.00 ás 20.00 horas. s.g.

15 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.