Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Último día das piscinas de verán do Multiusos

sar. Logo de máis de tres meses de apertura, hoxe será o último día que abran as piscinas de verán Fontes do Sar. Nun verán cunha meteoroloxía inestable e marcada ao igual que o anterior polas medidas fronte ao Covid, o recinto rexistrou en total 25.896 usos, unha cifra lixeiramente superior á do ano pasado, cando se chegou ás 22.400 entradas. Por meses, agosto foi o que congregou maior número de bañistas, cun total de 10.956 persoas, e os días de maior afluencia de todo o verán foron o 25 de xuño e o 27 de agosto. Para adaptarse á situación, o aforo das piscinas estivo limitado en todo momento e marcáronse parcelas delimitadas de 3x3 metros na zona de praia e no céspede cunha ocupación máxima de dos persoas non conviventes, ou de seis persoas en caso de membros da mesma unidade familiar. Como o verán anterior, mantivéronse as medidas de hixiene e seguridade no recinto para evitar os contaxios de Covid. ecg

15 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito