Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Último día do XXV Festival Internacional Galicreques con media ducia de funcións

    cultura. O Festival Internacional Galicreques, organizado pola Asociación Barriga Verde co apoio do Concello de Santiago, a Consellería de Cultura, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), a Deputación da Coruña e do Instituto Nacional de Artes Escénicas y de la Música (Inaem), despide hoxe, domingo, a súa 25º edición. Nesta última xornada, o encontro internacional de monicreques ofrecerá un total de seis funcións que terán lugar no teatro Principal, na Carpa da Alameda, no Parque de Vista Alegre e no CSC do Castiñeiriño. O prato forte será a estrea absoluta no Principal, ás 20.00 h, de Gaia Baba, da compañía galaico-francesa Moving Compass. É un espectáculo para o público xuvenil e adulto que fala dunha bruxa que mantén viva a esperanza de mudar un mundo que se volveu gris. CG

    18 oct 2020 / 00:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito