Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Últimos días para visitar ‘A Minerva Compostelá’, unha exposición da USC

ARTE. Ata o vindeiro 22 de xaneiro, poderá visitarse a mostra A Minerva Compostelá. As súas glorias que recolle parte da historia da USC recreando espazos do pasado. En concreto, pode accederse á exposición situada no Colexio de Fonseca, de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.30 horas, de luns a sábado.

Así, a antiga biblioteca evócase no denominado Salón Artesoado, cos 22 retratos que a adornaban orixinalmente no ano 1882. Neste mesmo espazo, móstrase tamén unha selección de libros que fan mención aos personaxes representados: nuns casos, aos seus propios escritos; noutros, ás doazóns feitas. Todos eles proveñen dos fondos da Biblioteca Xeral.

A capela é o lugar onde se alude á presenza dos vítores nos contextos universitarios mostrando, a través dunha galería de personaxes ilustres dos séculos XIX e XX, unha parte de quen foron os seus protagonistas. Neste caso óptase, como complemento á obra pictórica, por unha selección documental realizada dende os fondos existentes no Arquivo Histórico da USC Asemade, na sancristía realízase unha presentación do Museo Virtual da USC a través de códigos QR alusivos ao que se ve. “Xérase unha conveniente relación entre as potencialidades do virtual e o coñecemento directo das obras” explican. ECG

18 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
USC
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.