Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Un estudo de Yolanda Maneiro, elexido mellor investigación sobre igualdade e xénero

Santiago. A profesora da USC Yolanda Maneiro Vázquez acaba de ser recoñecida co premio ao mellor traballo de investigación sobre igualdade e xénero ‘Lola Martinez’ da Universidade de Castela-A Mancha. O ministro de Universidades, Joan Subirats, foi o encargado de facer entrega da quinta edición deste galardón outorgado ex aequo á profesora Maneiro polo traballo Cuidadores, igualdad y no discriminación y corresponsabilidad: la (r)evolución de los derechos de conciliación de la mano de la Directiva (UE) 2019/1158, e a Margarita Miñarro e Cristóbal Molina, profesores, respectivamente, das universidades Jaume I de Castellón e Xaén por Una reinvención sistémica en curso de la Seguridad Social: reformas legales y reinterpretaciones judiciales de diligencia debida para corregir sus brechas de género.

No seu estudo, destacou os retos que a nova regulación sobre a corresponsabilidade traerá no eido da igualdade por razón de xénero e sexo para as persoas coidadoras non profesionais. Yolanda Maneiro é profesora do departamento de Dereito Público Especial e da Empresa e pertence ao grupo de investigación Empresa e Administración.

“Nunha época marcada por un claro envellecemento da poboación e polo incremento do número de persoas precisadas de permanente atención e de coidados, analízanse especialmente os novos modelos de familia, a inclusión dos coidados ás persoas que conviven e que non sexan familiares, así como a potenciación de novas fórmulas de adaptación das condicións de traballo —adaptacións horarias ou de lugar ou condicións de traballo, entre outras— como ferramentas de conciliación e de corresponsabilidade nos coidados, non só por parte dos traballadores e das traballadoras, senón tamén, moi especialmente, a través da implicación das administracións públicas”, explicou en detalle a profesora tras recibir onte o galardón. redacción

11 feb 2023 / 06:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito