Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
Terceira parte. A beleza arquitectónica de Compostela non só se nos mostra nos moitos monumentos históricos admirados e fotografados por millóns de turistas, peregrinos e mesmo polos propios picheleiros. Se camiñamos polas rúas da cidade atopamos edificios contemporáneos que conviven con eles en harmonía e que chaman a nosa atención polas súas estruturas e volumes, os materiais utilizados, polos seus orixinais espazos e a complexidade nas formas, ou simplemente polo seu deseño singular. TEXTO Xavier Cea

Un paseo polo ‘outro Santiago’, o dos edificios contemporáneos máis impactantes

Biblioteca Ánxel Casal, transparencia e apertura

Construída segundo un proxecto do arquitecto Andrés Perea Ortega en 2008, a Biblioteca Pública Ánxel Casal está situada na avenida de Xoán XXIII na mesma liña que ocupan a Escola de Maxisterio e o Colexio López Ferreiro, fronte o convento de San Francisco, co que convive moi de preto e que mesmo se ve reflectido nas súas amplas cristaleiras. Unha localización privilexiada, a poucos metros do corazón compostelá, o Obradoiro, e de enclaves académicos como a Facultade de Medicina. O vidro enche a fachada deste edificio e dálle un marcado carácter de transparencia e apertura. Móstrase totalmente ao exterior e ofrece unha gran funcionalidade en cinco plantas e case seis mil metros.

Hotel Compostela torres almeadas no centro da cidade

En 1996, César Portela e Edificio de granito de estilo ecléctico rexionalista construído en 1927 segundo proxecto de Adolfo de Cominges. Destacan as dúas torres almeadas, a terraza superior cuberta e as grandes ventás da planta baixa con arcos de medio punto.

Pazo do Hórreo da veterinaria ás leis

Escola de Veterinaria (hoxe Parlamento de Galicia). Proxecto inicial do arquitecto Antonio Bermejo y Arteaga. Planta rectangular con esquinas destacadas por corpos de maior altura e un patio central. Inaugurado en 1915, o edificio funcionou como Escola de Veterinaria ata 1924, cando o Directorio Militar presidido polo xeneral Primo de Rivera a deixa sen presuposto e pasa a ter uso militar como cuartel de Infantería. En 1987, o arquitecto Andrés Reboredo consegue que seleccionen o seu proxecto para transformar o cuartel do Hórreo no Parlamento de Galicia, que empeza a súa andaina en 1989. Exteriormente chama a atención a gran porta de aceiro oxidado, con láminas altas e apuntadas. O patio central acubilla o salón de plenos.

Valedor do Pobo de Galicia

Edificio anexo ao Pazo do Hórreo, sede do Parlamento de Galicia. De planta cuadrangular, destaca pola súa sinxeleza, os remates das ventás e o acabado da cuberta.

Rexistro da Propiedade

Edificio modular dunha planta con liñas inclinadas na fachada e grandes superficies acristaladas.

Centro Preescolar de Peleteiro

Rúa Santiago León de Caracas. Edificio dunha planta en forma de ‘L’, construído en pedra, de liñas puras e con volumes sólidos e galería ocupando un dos seus laterais.

Igrexa de San Fernando formigón e ferro

Estilismo moderno asinado polo arquitecto Andrés-Fernández Albalat, que usou con mestría o formigón e o ferro e soubo adaptarse ao desnivel do terreo. Desde fóra, o que chama a atención case con exclusividade é o gran campanario. Dentro, atrae poderosamente un espazo moi aberto (desde calquera lugar pode verse o altar), amplo, luminoso, sen columnas, cunha estrutura radial da cuberta, buscando funcionalidade e multiplicidade de usos. No ano 1989 inaugurouse o Complexo parroquial de San Fernando, cunha misa concelebrada polo daquela arcebispo de Santiago, monseñor Rouco Varela, e o párroco da igrexa, Manuel Cacheda.

Vivendas de Ramírez a orixe do Ensanche

Rúas Diego de Muros e Rodríguez Carracedo. Cando se construíron as Casas de Ramírez, en Compostela, non había nada ao seu redor, só terras de cultivo. Aí levantaron 212 viviendas para xente de poucos recursos. Foi o 27 de setembro de 1960 cando foron inauguradas coa bendición do bispo auxiliar, monseñor Nóvoa Fuente. Están catalogadas e protexidas, polo que non poden ser derrubadas ou cambiadas no seu deseño orixinal.

Facultade de Matemáticas da USC

Deseñada polo arquitecto Andrés Fernández-Albalat, figura destacada no movemento moderno en Galicia, ten un marcado carácter funcional. Outras obras de Albalat en Santiago son a facultade de Bioloxía, a igrexa parroquial de San Fernando, a piscina de Santa Isabel e o Estadio Multiusos Vero Boquete, en San Lázaro.

C.I.F.P. Politécnico de Santiago

O antecesor do Politécnico foi a Escola Elemental de Traballo, localizada nos claustros do edificio de San Domingos de Bonaval desde 1933. No ano 1944 comezou a construción dun edificio propio no Campo de San Clemente. En 1955 pasa a chamarse Escola de Mestría Industrial e iníciase a construción dun novo edificio en 1961 no seu emprazamento actual de Monte de Conxo. Foi inaugurado o 19 de agosto de 1967 en presencia do seu director e alcalde da cidade, Francisco Luis López Carballo. Tiña capacidade para acoller a mil trescentos alumnos.

18 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.