Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Un uso axeitado e ordenado das Vivendas de Uso Turístico

    Din que a razón e o ben mellor repartido no mundo e debe ser certo xa que a todos non parece abonda a que temos. Non ocorre o mesmo co sentido común e entende a Concelleira de Urbanismo de Compostela que este comezou a imperar o martes 11 de outubro. Non cómpre moita intuición para entender que ata agora non imperaba, todo o sentido común do Concello e mesmo da autonomía estaba en posesión do Partido Solicialista de Galicia (PSdG) de Compostela.

    O texto do que deriva o aserto di textualmente: “O Parlamento de Galicia insta ao goberno galego ao efectivo cumprimento do Decreto 12/2017 e a colaborar coas administracións competentes en materia urbanística para lograr un uso axeitado e ordenado das Vivendas de uso turístico”.

    É interpretable e cada un entende o que lle convén. É interpretable na medida en que un texto sobre un tema tan controvertido cando se aproba por unanimidade por grupos tan diversos, necesariamente, é unha xeneralidade, de non selo non se aprobaría.

    É certo que o PSdG solicitou con chamativa insistencia a Turismo que eliminase do REAT (Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas) as vivendas sen licenza municipal, pero non é menos certo que Turismo non o fixo.

    De calquera xeito, a nós sorpréndenos esa teima do grupo de goberno, máis que nada porque as vivendas xa no las pechou a concelleira de urbanismo, polo tanto, que esteamos ou non no REAT, a efectos prácticos, non deixa de ser un detalle, a non ser que Mercedes Rosón non teña claro que está a facer o correcto pechando as VUTs, que tamén podería ser. En todo caso, no texto aprobado non hai referencia algunha á solicitude de baixa no REAT.

    O que si se aprobou foi instar á colaboración, que por definición é “traballar xuntos” en ortodoxo spanglish “coworking”. Neste caso, para lograr un uso axeitado e ordenado destas Vivendas. E nós estamos totalmente de acordo en que traballen xuntos nesa procura.

    O concello, de momento, nesa ordenación está traballando só, ou poida que con algunhas inmobiliarias, a xulgar polo protagonismo que, con razón ou sen ela, asume nas entrevistas o presidente de Agalin, que ao ser especialista na xeneralidade tamén entende de turismo. Pola contra, o grupo de propietarios, que é parte interesadísima, en ningún momento foi convocado polo grupo de goberno.

    Si é certo que o colectivo foi recibido por todos os grupos políticos do Concello, excepto polo PSdG, e está moi agradecido do recibimento e satisfeito dos resultados das entrevistas. O PP xa publicitara as súas intencións no Pleno e Marta Lois e Goretti Sanmartín amosaron unha grande capacidade de diálogo e de interese en solucionar o problema, minimizando os prexuízos ás partes. Porén, ao alcalde solicitóuselle entrevista antes do Pleno de setembro e volvéuselle a pedir recentemente, pero, polo momento, non tivemos resposta.

    Nós non votamos, pero tamén estamos de acordo co texto. Parece que todas as partes estamos na procura desa ordenación. Ata aí nada novo.

    O Concello está tentando sacar adiante unha modificación do PXOUM que, ao noso entender, ten moitas eivas, e tal vez terá efectos colaterais non desexados, que non sabemos se se tiveron en conta no esbozo. Entendemos que os propietarios das Vivendas deberiamos estar representados nos debates previos, quizais nese momento teriamos aportado algo, pero non foi así.

    En todo caso, si fomos invitados polo club financeiro para participar nunha mesa de debate que terá lugar o próximo 24 de outubro e na que seguramente, entre outros, estarán representados os grupos políticos do Concello e, dalgunha maneira, no intercambio de pareceres, poderemos aportar datos e algunhas suxestións interesantes.

    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.