Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Urxen á Xunta a realizar as accións precisas para activar a atención presencial nos centros de saúde

BNG. A portavoz municipal do BNG, Goretti Sanmartín, ante a crecente preocupación da veciñanza polo mal funcionamento dos servizos de Atención Primaria sanitaria en Compostela e a dificultade de coller citas médicas, rexistrou unha moción para instar a Xunta a realizar, de inmediato, todas as accións precisas para activar a atención presencial e dar resposta ás demandas de atención pola covid-19, mais tamén ao resto das patoloxías e rematar coas listas de espera neste nivel asistencial. Goretti Sanmartín explicou que as listas de espera para medicina de familia chegan a superar nalgúns casos unha semana ou incluso 10 días en Santiago, segundo datos do propio persoal sanitario. Ademais, puxo como exemplo as dificultades de coller cita por internet para a campaña de vacinación antigripal, que obriga a chamar ao centro de saúde, tendo en conta que os teléfonos están xa colapsados, ou ben achegándose presencialmente e contravindo as recomendacións en vigor. “Existe sobrecarga de labores administrativos, pois hai numerosas citas para comunicar resultados negativos de PCR, cando en moitos casos xa foi comunicado por SMS. Isto ten especial gravidade no PAC, que sobrecarga moito un servizo que debera ter unha funcionalidade máis enfocada ás urxencias e que, ademais, en Santiago atende unha área moi extensa e supón unha importante carga de traballo a repartir entre o mesmo persoal”. Ademais, segundo as queixas recibidas no BNG, hai pacientes acumulados fóra dos centros á hora das extraccións de analíticas; “no Concepción Arenal hai xente que pode agardar dentro pero a maioría ten que esperar fóra, porque hai menos enfermeiras para realizar as extraccións para respectar as distancias, pero coa mesma carga de citas”, dixo. Deste xeito, trasladará reivindicacións da Plataforma SOS Sanidade Pública para que aumente o persoal nos centros de saúde. ECG

20 oct 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito