Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Vacinación da gripe para profesionais sanitarios

saúde pública. A Área Sanitaria de Santiago e Barbanza xa ten posta en marcha a campaña de vacinación antigripal aos profesionais dos seus centros sanitarios. Os puntos de vacinación son 76 centros amais de 4 dos seus 5 hospitais. A partir de onte comezouse a vacinar aos profesionais e a partir do luns 25 de outubro ás persoas de 65 ao máis anos, así como as institucionalizadas de maneira prolongada (residencias de maiores e con discapacidade e traballadores destas institucións). Dende o 15 de novembro vacinaranse as de 60 a 64 anos, as menores de 60 con patoloxías de risco, embarazadas e no puerperio, os prematuros de 6 meses a 2 anos, o persoal de servizos esenciais, o de exposición laboral, e ademais, o das oficinas de farmacia. A campaña prolongarase até finais de decembro. En 2020 vacináronse o 75 % dos profesionais, e máis do 72 % da poboación de 65 ou máis anos, uns 73.500 . De 75 ou máis, vacináronse o 76 %. ecg

19 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito