Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Verea esixe un circuito estable cultural e de nivel

NA VANGARDA Borja Verea, candidato á alcaldía do Partido Popular, asegura que “é necesario levar a Santiago xa ao século XXI e deixar de perder oportunidades tamén no eido cultural”, polo que considera que, “para dito avance, Compostela precisa da creación de figuras como un Foro de Coordinación de axentes culturais e unha Axenda Cultural Única para a cidade”.

Verea presentou estas iniciativas nunha nova reunión dentro do ciclo de conversas #SoñarSantiago con entidades culturais. Con Mercedes Corbillón, fundadora da librería Cronopios, e Iván Arias, director de Wos Festival, ademais de representantes de colectivos culturais da cidade, insistiu en que “a vitalidade brutal de Santiago nos anos noventa se perdeu e a realidade é que toda esa enerxía podería canalizarse doutro xeito”, co que subliña que, de chegar a ser alcade, “o seu obxectivo é que Compostela volva a liderar os movementos culturais de vangarda”. ecg

11 feb 2023 / 06:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito