Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Verea proxecta unha Brigada do Rural para limpar parroquias

Borja Verea, candidato á Alcaldía de Santiago, estivo presente, xunto con veciños de Lavacolla, nos labores de limpeza dos camiños que transcorren pola parroquia.

Santiago é un concello cunha ampla extension rural e precisa dun gran mantemento dentro das medidas para a prevención de incendios. Así, sinalou Verea, “é importante manter os nosos camiños libres de maleza e planificar desbroces periódicos en todas as parroquias para axilizar estes procesos”.

Nesta visita, na que estivo acompañado de varios membros da Asociación de Veciños de Lavacolla, puideron comprobar in situ o estado de abandono dos camiños municipais. Situación, engadiu o candidato á Alcaldía, “á que porei fin se na primavera de 2023 consigo a maioría suficiente para gobernar Santiago”. “Os veciños do rural pagan os seus impostos e merecen ter as súas parroquias nunhas condicións dignas, así unha das primeiras medidas que tomaremos se chegamos ao goberno será a de aumentar os medios coa adquisición de máis tractores e a creación dunha Brigada do Rural para mantemento e limpeza”, anunciou Verea.

E é que “estamos a falar dunha demanda recorrente nas diferentes parroquias do rural”, destacou o tamén deputado autonómico, “alá onde imos a maleza invade as cunetas, os camiños de terra municipais, e supón un grave risco na prevención de incendios”, de aí que para Verea sexa urxente revertir esta situación.

O líder popular leva máis dun ano percorrendo todo o rural de Santiago e amosando a súa preocupación por este territorio e os seus veciños. Así nas súas propostas para eles están a mellora da sinaléptica, establecer unhas liñas de autobus que cubran as súas necesidades, dotalos de parques infantís modernos e mellorar o saneamento e os firmes das estradas en peor estado.

03 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito