Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Viaqua e a educación ambiental: pedagoxía nas escolas galegas

Aquología é un programa formativo sobre o ciclo da auga// Participaron máis de 7.000 estudantes

Cada 26 de xaneiro Viaqua celebra o Día Mundial da Educación Ambiental, unha xornada que ten como principal obxectivo saber identificar os problemas que sofre o medio ambiente e concienciar á sociedade na necesidade de preservalo e protexelo.

O propósito fundamental da educación ambiental é formar a unha poboación consciente e preocupada co medio ambiente e cos seus problemas, que teñan coñecemento, actitude e compromiso para traballar como sociedade na busca de solucións.

Nesta liña, desde a empresa consideran fundamental o traballo cos escolares, ademais de crear pautas e axudas para que os máis cativos comprendan as relacións entre os sistemas naturais e sociais para que adquiran os valores necesarios. A este respecto, Viaqua engade outro punto decisivo na comprensión do medio ambiente, porén buscan proporcionarlles ferramentas para que eles mesmos poidan afondar sobre temas do medio ambiente como a importancia da auga, a sostibilidade e o cambio climático.

AGUALOGÍA, UN PROGRAMA DIDÁCTIVO. Programas como Aqualogía, o programa educativo da auga de Viaqua, desenvolve o seu labor pedagóxico sobre o ciclo integral da auga para concienciar a escolares de toda Galicia.

Así, a través de recursos, xogos, experimentos interactivos, intuitivos e dixitais, pódense traballar nas aulas temas tan importantes e descoñecidos como os tratamentos que se realizan para que a auga sexa potable ou como chega ata ás nosas casas. Grazas a este programa ponse en valor a importancia do ciclo integral da auga e o traballo que se leva a cabo cada día para garantir un recurso básico para a vida do planeta.

Unha das grandes vantaxes de Aqualogía é poñer ao dispor dos docentes e escolares unha plataforma dixital gratuíta, adaptada ao currículo de cada ciclo educativo de primaria, onde atopar contidos e recursos didácticos cun enfoque baseado no coidado do medio ambiente, a sostibilidade dos recursos e a actuación sobre o cambio climático, para a súa proxección na aula ou para realizar desde casa a través do campus dixital.

En Galicia, este programa educativo xa concienciou a máis de 7.000 escolares e ofértase de xeito gratuíto nos municipios onde presta servizo Viaqua. A empresa considera que a educación ambiental vai ter unha importancia capital no futuro da humanidade en canto unha sociedade, polo que concienciar ás novas xeracións é un paso fundamental para lograr os obxectivos e retos que se van poñer por diante na vindeira década. Grazas a programas como Aqualogía e a colaboración dos docentes e centros educativos galegos permiten achegar un maior coñecemento aos escolares sobre aspectos fundamentais para o coidado do medio.

A este respecto, dentro dos obxectivos que Viaqua pretende cumprir a través do programa educativo está a concienciación da importancia do medio ambiente e da auga a través do coñecemento dos ciclos urbanos e naturais.

Ademais, tamén potencian a participación e a interacción dos escolares mediante o emprego de novas tecnoloxías nunha plataforma totalmente online, así como poñer á disposición tanto de docente como de escolares, ferramentas didáctivas adaptadas. a cada ciclo formativo.

Obxectivos
Actividade e recursos educativos

··· Achegar a escolares o coñecemento dos ciclos natural e urbano da auga e crear conciencia sobre a súa importancia no medio ambiente.

···​Potenciar a participación e a interacción dos escolares mediante o uso de novas tecnoloxías dixitais.

···​ Poñer a disposición dos docentes e escolares unha ferramenta didáctica adaptada ao currículo de cada ciclo.

26 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito