Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
ENTREVISTA
XOSÉ ANTONIO TOURIÑÁN // Actor e humorista

“Xa tiñamos ganas de traer de novo ‘Fariña’ a Santiago; é marabilloso”

Santiago acolle esta fin de semana a versión teatral de Fariña. Xosé A. Touriñán forma parte do elenco. É un dos artistas máis populares no ámbito galego, e fálanos do tirón que aínda está tendo a trama e desta segunda xira da obra teatral por Galicia, que fará o seu pistoletazo de saída, os días 12 e 13 de marzo, as 21.00 e 20.00 horas, respectivamente, no Auditorio de Galicia.

Volve ‘Fariña’, que xa ten libro, serie, novela gráfica, xira de teatro por España... De feito, agora volve por segunda vez a Galicia. Que opinas desta resaca que está tendo toda esta trama, a cal está dando para tanto?

Pois non sei que decirche, por un lado, oxalá que non tivera dado para moito, querería decir que esta historia non afecta tanto, non? É dicir, é un tema moi presente aínda, como di Nacho Carretero e como se di na obra de teatro. Eu creo que son cousas das que hai que dar visibilidade, falalo, discutilo na mesa da casa na hora de xantar..., para non volver cometer os mesmos erros, porque sabemos que este tipo de temas son como cando se “barre o chan por debaixo da alfombra”. Non sei quen era que facía o chiste de... primeiro o libro, despois a serie, agora o teatro... falta só o xogo de sarténs de Fariña!

Ligando ca pregunta anterior, as xeracións que o viviron poden recordalo e falar do tema, pero tamén para as xeracións máis mozas, que non o vivimos, nos xera moita intriga, tanto o fío da serie como agora a obra de teatro.

É o que che digo, non é tan certo que non a viviras, seguro que estudaches, que saíches pola noite, e que vivímola todos..., polo menos esa parte que recolle a serie que é máis a da Operación Nécora..., pero é unha cousa que a vivimos todos. Pasa que os protagonistas de agora son menos coñecidos, encóndense máis e sabemos menos deles..., non son como antes á luz do día... que compraban barcos e yates, Ferraris e non sei que... Os terán pero non se ven... terános en Mónaco ou en Marbella...

En canto a iniciativa de levar ‘Fariña’ ao teatro, como foi?

Pois, realmente, esto nace, como todas as cousas importantes, nunha cea. Onde eu lle digo a Nacho: mira, molaría levar Fariña ao teatro.... Foi tan fácil e tan sinxelo como propoñerllo e aceptar... porque como está bastante “pirao”, coma mín (ríe)... Aínda que dixo: “Non teño moita idea de teatro”... Eu lle dixen: pois nós, en Galicia, facemos produción, viñemos de facer outras cousas, xa tiñamos experiencia. E dixo: “Pois nada, adiante!”.

E xunto a quen colaboráchedes para levalo a cabo?

Puxémonos a traballar con Tito Asorey, que é o líder da peza, e con Xosé Prieto, que é o dramaturgo que escribiu o libreto da Fariña teatral, e tiramos para adiante. Estivemos en Galicia, en Madrid case que un ano e agora mesmo acabamos a xira por parte de España. Entón, tocaba volver, tocaba darlle outra volta nas sete cidades e vilas máis grandes de Galicia que teñen teatros grandes para poder estar cómodos e meter a moita xente. Temos moitas, moitas ganas de facer esta xira e empezar en Santiago... Eso é maravilloso!

Pero aínda así, tanto no ano que pasáchedes en Madrid como no resto, quedáchedes satisfeitos, non si?

Si, porque nos tivemos a gran sorte de ir a Madrid, nos viron alí os productores dos grandes teatros de Madrid que nos ofrecen botar cinco meses, facer unha estancia no Alcázar, un dos grandes teatros de Madrid, que eu creo que nunca pasou no teatro galego, de estar cinco meses cunha peza galega no despacho de billetes. É dicir, que fósemos aguantando tantos meses e encima no medio da pandemia, creo que é un logro e é para estar moi orgullosos. E despois, aparte de iso todas as funcións que nos saíron polo resto de España, porque nos seguen chamando para seguir con Fariña... Pero xa tiñamos ganas de volver a traer ‘Fariña’ a Santiago, é marabilloso.

Para aqueles que, como dis, non a viron na primeira vez, que diferencias hai no concepto entre a serie e a obra?

Si, é moi diferente, non ten nada que ver ca serie. Na obra intentamos contar máis a historia do libro, desde o contrabando de antes da guerra, da xente que traía e levaba cousas a Portugal, porque así comeza o libro, ata hoxe en día. Nós facemos un percorrido por toda a historia pero personaxes da Operación Nécora como Sito Miñanco, os Charlíns, Oubiña e tal... aparecen por ahí pero non son importantes. Para nós o principal protagonista deste espectáculo ou desta obra é Galicia, o pobo, a sociedade..., protagonistas somos todos, protagonista é o público, é o que ten que decidir quen son os bos, quen son os malos... e quen fai ben as cousas e quen non as fai.

Entendo que o reparto da obra é máis sinxelo.

Somos cinco actores e actrices en escena que damoslle vida a dez ou doce personaxes, cada un para recrear todas as situación posibles desta historia, pero non é importante os que somos. Nós xogamos un pouco máis desde aí. Van ver música, van ver comedia, vaiselles apretar o corazón, vaiselles apretar o cú..., hai baile, hai xogo....

Que licencias admite o teatro fronte ás rodaxes de televisión?

A gran diferencia é que no teatro tés ao público alí e xulga no momento. Se ti queres que o público participe e xogue contigo, se emocione, chore... tés que conseguir que o fagan no momento. Esa é a maxia do teatro. Se tivera que escoller, gústame moito o teatro. Os procesos de teatro moito máis calmados, tés moito máis tempo para probar, ensaiar, arriscarse, facer e desfacer... E incluso para ir variando e mellorar dunha obra a outra. En cambio, no audiovisual nin tes tanto tempo de ensaio e o que fas xa queda alí sen cambio.

Ti mesmo falabas de andar por España e cada vez vemos máis cousas que fas fora, sintes algo especial ao volver, cando actúas aquí?

Eu contoche ao revés, eu estou aquí, e as veces vou por España adiante (ríe). Pero digoche: a miña vida é en Galicia, podo estar rodando fora, pero cando teño un día libre marcho para a casa e estou na casa porque para min, é o meu sitio, é onde me atopo a gusto, onde estou cómodo... É verdade que está moi ben probar, facer outro tipo de cousas... hai por exemplo cousas que en Galicia é mais complicado facer ... entón, buscánse outros espazos para mellorar, para probar..., eu son un tipo que me gusta estar en lugares onde nunca estiven e saber se sei navegar aí ou se sei manexarme neses espazos... Pero a verdade e que a miña lingua é o galego. Galicia é onde eu síntome mais cómodo, por eso teño tantas ganas desta xira xa!.

En canto a proxectos personais futuros. Agora ‘Fariña’ compaxinado con algo máis?

Agora imos con Fariña case tres meses nas fins de semana. Despois vou dirixir a miña primeira curta, dun guión que escribín na pandemia, un proxecto para o tiven a sorte que me deron unha desas axudas que houbo... e a rodearme de xente boa para facelo. Despois temos outro proxecto de teatro co CDG, contra o final do verán. É unha coprodución con eles e eu creo que máis adiante poderemos falar algo máis disto... E algunha cousiña máis e a seguir funcionando!

11 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito