Santiago
+15° C
Actualizado
jueves, 25 mayo 2023
00:05
h

Xogos e obradoiros de robótica no CHUS para nenos enfermos

Puideron usar dende un balancín que permite manexar un xogo coas pernas a un piano con teclas formado con materiais de diversas texturas

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (Cpeig) organizou este luns un taller de robótica dirixido aos nenos e nenas con cancro ou outras enfermidades ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. A iniciativa conta coa colaboración da Asociación de Ayuda a Niños Oncológicos de Galicia (Asanog) e o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (Citic) da Universidade da Coruña.

Neste senso, as actividades que está a desenvolver o Colexio teñen lugar na Aula Hospitalaria do CHUS e son actividades que van dende os obradoiros de robótica ata os de navegación segura, temática sobre a que previsiblemente impartirá esta semana unha charla o presidente do Colexio Profesional, Fernando Suárez, quen asistiu á inauguración do obradoiro na Aula Hospitalaria, acompañado pola técnico de Asanog, Merce Fernández Baleato.

Durante a xornada, na que participaron uns dez nenos e nenas de entre 6 e 14 anos, mostráronse algunhas das aplicacións realizadas dentro do programa Talentos Inclusivos do Citic, así como diversos xogos adaptados e creados polo alumnado de Terapia Ocupacional da UDC.

Deste xeito, os pequenos puideron probar desde un balancín que permite manexar un xogo co movemento das pernas, ata un piano con teclas que está formado con materiais de diversas texturas. Así mesmo, outra das actividades consistiu en crear un mando personalizado facendo uso dun dispositivo Makey Makey e Scratch. E por último, deuse a posibilidade de utilizar un Makey Makey conectado a diferentes pezas de froita para, por exemplo, tocar un piano.

28 dic 2022 / 01:33
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito