Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Xornada de portas abertas no Compañía de María

Santiago. Un ano máis o colexio Compañía de María de Santiago celebra as súas xornadas de portas abertas para dar a coñecer o seu proxecto educativo en catro días, a primeira das cales tivo lugar onte, e a segunda será hoxe ás 11.00 horas para os que amosen o seu interés en Educación Infantil e Primaria.

Nestas sesións, dunha hora, celebrase unha xuntanza inicial na que se da a coñecer o proxecto educativo do colexio e faise un percorrido polas instalacións do centro.

As outras dúas datas serán o 24 de febreiro, centrada na ESO e Bacharelato, e o 25 de febreiro, de novo para Infantil e Primaria. Aínda que a entrada é libre, poden inscribirse na web do centro: https://ciamariasantiago.org/gl/. ecg

11 feb 2023 / 06:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito