Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O HTC U11 EYEs céntrase nos selfies

O novo smartphone integra unha dobre cámara frontal para poder mellorar os autorretratos cun modo fotográfico con desenfoque de fondo

O ano pasado o HTC U11 chamaba a atención ao incorporar entre as súas prestacións un novo xeito de interactuar co dispositivo, xa quepermitía a realización de acción apertando o terminal, e agora o produto estrea unha variante chamadaHTC U11 EYEsque como grande novidade inclúe dobre cámara na súa parte frontal (de 5 Mpíxeles), permitindo así dispararselfiesespectaculares grazas ao efecto de profundidade de campo axustable (para poder desenfocar o fondo), modos de beleza e incluso a posibilidade de aplicar adhesivos para conseguir divertidos resultados.
Pero este novo smartphone no queda aí, senón que tamén aperta novas tendencias de mercado comoestirara súa pantalla até as 6 polgadas adoptando unha relación de aspecto 18:9 e incluíndo tamén desbloqueo facial de pantalla. No que se refire á cámara traseira, mantén a cámara de 12 Mpíxeles con tecnoloxía UltraPixel 3 do modelo anterior, considerada como unha das mellores do mercado. Para o vídeo tamén integra tecnoloxía de estabilización de imaxe e redución de ruído, que xunto cun enfoque automático ultra-rápido consegue capturar momentos cunha calidade de vídeo excelente.
No aspecto sonoro, o HTC U11 EYEs mantén a calidade do HTC U11, con HTC USonic (tecnoloxía que rexistra a forma interior do ouvido para crear unha experiencia sonora personalizada) e cancelación de ruído activa (que busca compensar o son ambiental) e incluso conta cuns altofalantes de grande calidade.
Este teléfonoapertabletamén conta con protección IP67 contra o po e a auga, funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon 652, 4 GB de RAM, 64 GB de almacenamento interno, Wi-Fi AC, Bluetooth 4.2, NFC; e a súa batería de 3.920 mAh (con Quick Charge 3.0) garántelle unha excelente autonomía.
Sae ávenda hoxe en China a 3.299 iuans(418 euros), descoñecéndose polo momento o seu prezo en Europa.

15 ene 2018 / 18:51
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito