Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O LG X power2 aposta por unha grande autonomía

O novo teléfono de gama media de LG coa súa batería de 4.500 mAh podería aguantar toda a fin de semana cunha única carga.

Como anticipo da nova edición do Mobile World Congress de Barcelona LG anuncia un novo smartphone que para moitos sería máis atractivo que o teléfono insignia da marca, xa que o LG X power2 sería un terminal deseñado para contar cunha pantalla de grande tamaño e unha batería de grande capacidade, para garantir unha autonomía extraordinaria.
Dende LG aseguran que a batería de 4.500 mAh do LG X power2 podería permitir que o móbil funcionase durante unha fin de semana completa cunha única carga, sendo capaz de reproducir vídeo até 15 horas seguidas ou navegar pola web unhas 18 horas, o que non afectaría negativamente ao tempo de carga, xa que a tecnoloxía de carga rápida deste terminal permitiría unha carga completa nun par de horas, aínda que nunha hora xa se conseguiría capacidade dabondo para funcionar todo o día.
Este novo smartphone conta cunha pantalla de alta definición de 5,5 polgadas mellorada para unha boa lectura en exteriores, a súa cámara traseira de 13 Mpíxeles presume de grande velocidade, a súa cámara frontal de 5 Mpíxeles aposta por un grande angular para que non sexa preciso empregar un pau de selfie para fotografías de grupo e incluso conta con software de cámara con disparo automático cando detecte unha cara ou mediante xestos, evitando a vibración propia de pulsar o botón de disparo que tende a mover as instantáneas.
En calquera caso, estamos ante un terminal de gama medio que pretende ser bastante asumible para o peto, como deixan ver claramente as súas especificacións, pois este teléfono funciona con 1.5/2 GB de RAM, 16 GB de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD de até 2 TB), LTE, Wi-Fi N, USB 2.0, Bluetooth 4.2 e sistema operativo Android 7.0, que ten un grosor de 8,4 milímetros, un peso de 164 gramos carcasas con acabados en catro cores diferentes (negro, titán, ouro e azul).

24 feb 2017 / 14:27
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito