Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A ONCE presenta unha serie de xogos de adestramento cerebral para invidentes

As persoas con discapacidade visual grave xa poden gozar de xogos dos estilo do célebre Brain Training en smartphones e tabletas grazas a un proxecto da Fundación Vodafone

A sede da Delegación Territorial da ONCE en Galicia acolleu esta mañá a presentación do proxecto Entrenamiento cerebral ONCE-Vodafone, unha serie de xogos para persoas con discapacidade visual grave dispoñibles para dispositivos móbiles desenvolvidos por Unobrain en colaboración coa Fundación Vodafone, que buscan non só entreter, senón tamén axudar a adestrar a mente os xogadores en áreas como a memoria, o cálculo, as funcións executivas... para o que tiveron que participar no desenvolvemento destas aplicacións para smartphones e tabletas un equipo de neuropsicólogos e validados por diferentes estudos científicos.
Na presentación na cidade da Coruña participaron o delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan; a xefa de Servizos Sociais para Afiliados, Dolores Venancio; dous instrutores na materia de tiflotecnoloxía; e varios usuarios cegos que demostraron a utilidade da aplicación que está dispoñible para a súa descarga de balde na App Store e en Google Play. Para poder gozar da aplicación móbil de Entrenamiento cerebral ONCE-Vodafone é preciso ter activada a función de accesibilidade VoiceOver en iOS ou TalkBack en Android. Tamén é preciso crear unha conta de usuario, o que permitirá tanto o acceso aos xogos como gardar un rexistro histórico de actividade (para coñecer a estatísticas para controlar a evolución nas facetas cognitivas que traballan os distintos xogos). A aplicación tamén suxerirá realizar sesións diarias de adestramento das capacidades cognitivas que se queiran traballar.
Na versión actual da aplicación móbil presentada están dispoñibles os xogos Mayor Mente, Ciudad Bullicio, HAL Revés, Ositos, Semáforo, Esta palabra me suena e De Pesca, aos que irán engadíndose outros como Sónar e Super Ahorro.

07 feb 2017 / 14:23
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito